Unha familia. Un equipo.

Un xeito máis doado de vivir en familia.

Menos cousas na cabeza. Máis responsabilidade compartida. Máis tempo para vivir xuntos. La Homa fai visible a organización do fogar para que cada persoa saiba o que depende dela.

Funciona no navegador. Entras co teu correo ou coa túa conta de Google.

A carga mental

Por que ten que acordarse sempre a mesma persoa de todo?

Cando todo depende dunha persoa, o fogar pesa demasiado. Non se trata só de repartir tarefas: trátase de repartir responsabilidade. La Homa converte a organización invisible en algo visible, compartido e accesible para todos.

«Cho dixen mil veces.»

Pasa a: «Sabes que isto depende de ti.»

«Todo depende de min.»

Pasa a: «Xa non depende todo de min.»

«Que temos que facer hoxe?»

Pasa a: «Todos sabemos o que temos que facer.»

Participar · Responsabilizarse · Aprender

Un fogar onde todos forman parte.

Aos adultos quítalles peso da cabeza. Aos nenos dálles responsabilidades que lles axudan a medrar. A toda a familia, unha forma de organizarse xuntos e vivir mellor.

No día a día

Catro sitios onde a responsabilidade deixa de ser invisible.

Tarefas e puntos

Cada un sabe o que depende del, e márcao el mesmo.

Defines as responsabilidades da casa unha vez. La Homa reparteos nos días en que cada persoa está na casa. O cambio non é «asígnochelo»: é «isto depende de ti».

Os puntos axudan a ver o esforzo. Ao chegar ao obxectivo da semana desbloquéase unha recompensa acordada — non un premio por todo, senón un reto especial que ensina constancia e valor.

  • Os turnos pasan dun irmán a outro cada semana sen que ninguén o lembre.
  • Un neno pode proporlle ao irmán cambiar unha tarefa, e o outro decide se acepta.
  • Se unha tarefa queda sen facer, un adulto pode propor outra para recuperar os puntos esa mesma semana.

Mesada e aforro

Aprender que as cousas teñen valor.

A mesada prepárase ao pechar a semana. Cada neno reparte na súa hucha o que gasta, o que aforra e o que garda para un obxectivo. Marcarse algo, esforzarse e conseguilo.

Se queres, o aforro xera intereses co porcentaxe que ti decidas. Colaborar na casa non é cobrar por todo: as recompensas son para retos especiais.

  • Os puntos e os euros van por separado: os puntos nunca se cambian por diñeiro.
  • Cada movemento queda anotado. Un erro corríxese cun apunte novo, sen borrar o anterior.
  • Un neno non pode mover o diñeiro de ninguén, nin sequera o seu sen un adulto.

Calendario

Os plans chegan preparados, non a última hora.

Apunta as citas, as saídas e os aniversarios coa súa data e quen vai. O que se repite, como a extraescolar dos martes, créase unha vez.

Un plan especial pode levar a súa lista de preparación: a autorización asinada, a mochila co almorzo, o agasallo. Cada cousa ten un responsable e márcase cando está lista.

  • Podes pasar os plans a Google Calendar ou ao Calendario de Apple cun ficheiro .ics.
  • Se os nenos viven en dúas casas, podes marcar que días está cada un na vosa, e as tarefas e o menú axústanse a eses días.

Menú, receitas e compra

Do menú da semana á lista da compra, sen copiar nada.

Garda as receitas que facedes na casa cos seus ingredientes. Ao preparar o menú da semana, La Homa propón as racións segundo quen come na casa cada día e leva á lista da compra o que falta.

A despensa leva a conta do que xa tedes. O que marcas como comprado na lista do super entra na despensa, e o apartado «Ideas co que hai» ensíñache que receitas podes facer co que queda.

  • Listas separadas para o super, a froitería ou a farmacia.
  • Os produtos de sempre engádense cun toque.

O equipo

Cada un ten o seu papel, e ve o que depende del.

🧑

Os adultos

Cada adulto entra coa súa propia conta, dende o móbil ou o ordenador. Crea as tarefas, prepara a mesada, aproba o que hai que revisar e ve toda a casa. Se soides dous, o segundo únese cun convite.

🧒

Os nenos

Ven só o seu: tarefas, puntos, recompensas e hucha. Poden usar a tablet sen conta, ou ter correo propio se xa o teñen. O obxectivo non é controlalos mellor: é que precisen cada vez menos control.

🐶

As mascotas

Para moita xente tamén son familia, así que aparecen na casa co seu nome e a súa foto. O seu paseo ou a súa comida son tarefas das persoas.

📱

A tablet da cociña

Unha vista grande e sinxela para deixala nun sitio de paso. Cada neno toca a súa cara, ve o que lle toca hoxe e márcao cando o fixo. As rutinas seguense paso a paso, cun debuxo grande en cada unha.

O que deixamos fóra

Non é un xogo nin un mando a distancia para pais.

La Homa axuda a que a casa funcione como un equipo. Por iso hai cousas que non ten, e non as vai ter.

  • Sen xefe da casa. Non serve para controlar aos demais: serve para que cada un saiba o que depende del.
  • Sen clasificacións entre irmáns. Cada neno compárase só co seu propio obxectivo.
  • Sen premios por todo. Colaborar forma parte de vivir xuntos; as recompensas son para obxectivos especiais.
  • Sen chat nin localización. Para falar está a mesa; La Homa non pregunta onde está ninguén.

Como empezar

A túa casa queda lista en uns minutos.

  1. 1

    Crea a túa conta

    Co teu correo e un contrasinal, ou coa túa conta de Google. Só fai falta a dun adulto para comezar.

  2. 2

    Presenta á túa familia

    Unha guía pídache o nome da casa, quen vive nela e, se as hai, as mascotas. O que agora non saibas pódes engadilo despois.

  3. 3

    Proba unha semana

    Comeza con tres ou catro tarefas e unha recompensa. Cando a casa se acostume, engade a mesada, o menú ou o calendario.

Preguntas frecuentes

O que suele preguntar unha familia antes de comezar.

Hai que instalar algo?

Non. La Homa funciona no navegador do móbil, da tablet ou do ordenador. Se a usades a miúdo, podedes engadila á pantalla de inicio e ábrese como calquera outra app.

Os meus fillos necesitan correo electrónico?

Non é obrigatorio. Poden usar a tablet ou o móbil dun adulto co seu perfil. Se xa teñen correo, podes convidalos á súa propia conta: só verán o seu.

Podemos usala os dous adultos da casa?

Si. Quen crea a casa convida ao outro adulto, que entra coa súa propia conta e ve a mesma casa. Ninguén ten que compartir o seu contrasinal.

Os puntos convértense en diñeiro?

Non. Os puntos axudan a ver o esforzo e chegar a un obxectivo. As recompensas son retos especiais, non un cobro por cada tarefa. A mesada anótase aparte e os puntos nunca se cambian por euros.

Quen pode ver os datos da miña familia?

Só os adultos que pertencen á túa casa. Quen administra La Homa ve os datos de contacto das contas adultas para poder axudarvos, pero non os nomes dos teus fillos, o diñeiro nin as fotos.

Serve se os nenos viven en dúas casas?

Si, aínda que non fai falta para usar La Homa. Se tedes custodia compartida, o calendario de convivencia marca que días está cada neno na vosa, e as tarefas, o menú e a mesada axústanse a eses días. Se non o necesitades, non tedes que configuralo.

Menos cousas na cabeza. Máis tempo xuntos.

Crea a casa, dade a cada un un papel claro e comezade esta semana. Organizarvos xuntos. Medrar xuntos.