Para quen é

Para fogares que queren funcionar como un equipo.

Dous adultos ou un, nenos pequenos ou que xa manexan diñeiro, mascotas, unha ou dúas casas. La Homa adáptase a como é o teu fogar — e axuda a que todos participen, se responsabilicen e aprendan.

👫

Dous adultos que comparten a responsabilidade

Cada un entra coa súa conta e ve o mesmo. Xa non fai falta que unha soa persoa cargue con acordarse de todo, preguntar e perseguir. A organización é compartida.

🧸

Nenos pequenos

As rutinas seguense paso a paso na tablet. Comezan a saber o que depende deles sen que ninguén se o lembre mil veces. Participar na casa tamén é aprender para a vida.

🚲

Nenos que comezan a manexar diñeiro

Aprenden que as cousas teñen valor: marcarse un obxectivo, esforzarse e conseguilo. A hucha separa gasto, aforro e meta. Colaborar na casa non é cobrar por todo; as recompensas son para retos especiais.

🐶

Casas con mascotas

A mascota aparece na familia co seu nome e a súa foto. Os seus coidados son tarefas das persoas: quen saca a Kira de paseo é quen suma os puntos. Non contan nas racións do menú.

🏠

Un só adulto

Cando todo depende dunha persoa, o fogar pesa demasiado. Telo visible e compartido cos nenos xa quita carga mental, aínda que só haxa unha conta adulta.

🗓️

Custodia compartida

Se os nenos viven en dúas casas, o calendario de convivencia marca que días está cada un na vosa. As tarefas, o menú e a mesada axústanse a eses días. É unha opción: se non a necesitades, non tedes que configurala.

Un fogar onde todos teñen o seu papel.

Crea a casa con quen vive nela hoxe. Convida a quen teña correo, ou deixade que usen a tablet. Se algo cambia, cámbiase na familia.